Coñece ás empresas
20 Solucións innovadoras contra o impacto da Covid 19
En total, vinte empresas foron seleccionadas para participar no programa connect-19, desenvolto ao longo de cinco meses. Todas elas recibiron asesoramento individualizado por parte de expertos para traballar no fortalecemento dos modelos de negocio, obter acreditacións de innovación e certificacións sanitarias, avanzar na comercialización e internacionalización, definir as canles de distribución e a estratexia dixital ou captar financiamento. Coñece ás 20 empresas participantes en connect-19 a través de entrevistas aos seus representantes e vídeos breves nos que eles mesmos contan as súas iniciativas.

Que é connect-19?
PROGRAMA DE ACELERACIÓN DA COMERCIALIZACIÓN DE SOLUCIÓNS INNOVADORAS PARA A LOITA CONTRA IMPACTO DA COVID-19
Programa connect-19 ten como obxectivo impulsar e fortalecer o acceso ao mercado das túas solucións innovadoras que poidan contribuír a reducir o impacto social e económico provocado pola enfermidade COVID-19.
connect-19 é:
Non perdas a oportunidade de ver XA os teus obxectivos cumpridos e no beneficio da sociedade
Contido e duración do programa
O Programa connect-19 consiste na aplicación dunha metodoloxía de aceleración de carácter práctico baseada en 3 áreas de traballo. Durante aproximadamente 4 meses expertos en diferentes áreas de crecemento empresarial e comercialización traballarán contigo de xeito persoalizado para acadar os obxectivos do Programa.
Duración do programa do 22/06/2020 ao 30/11/2020
Bases do programa e Proceso de participación
Itinerarios personalizados
Apoio específico adaptado
Mentorización
Formación y capacitación
Metodoloxías
Experiencia previa en metodoloxías de aceleración da comercialización
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) e Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. (Tecnópole) posúen experiencia previa en metodoloxías de aceleración da comercialización de produtos e servizos innovadores.
Levou a cabo 3 convocatorias do Programa Agrobiotech Innovación (2015, 2019 e 2019), un programa de aceleración especialmente dirixido ao impulso e o crecemento sostible das PEMES innovadoras galegas en tres sectores estratéxicos: biotecnoloxía, agroalimentación e biomasa.
Agrobiotech Innovación beneficiou a 33 empresas, contribuíu ao lanzamento de 70 novos produtos ou servizos cun incremento de negocio estimado de más de 40 M€ e mantivo ou xerou máis de 250 empregos.
Cómo participar?
Para participar na convocatoria deberás:
- Leer atentamente as bases.
- Descargar e cubrir a memoria técnica tratando de responder de xeito claro as cuestións que se plantexan e tendo en conta os criterios de valoración.
- Cubrir o formulario de inscripción
- Adxuntar no formulario o documento de identificación fiscal da empresa.
- Adxuntar no formulario o documento da memoria técnica.
- Enviar o formulario unha vez completados os pasos anteriores.